Quantcast
Channel: Rexistros filtrados por data: Luns, 25 Novembro 2013
Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Presenza galega nos Encontros do Libro Infantil e Xuvenil no Porto

$
0
0
Presenza galega nos Encontros do Libro Infantil e Xuvenil no Porto

A Escola Superior de Educação do Porto acolle os días 28 e 29 de novembro a 19ª edición Encontros Luso-Galaico Franceses do Libro Infantil e Xuvenil. Un evento "imprescindíbel" que conta coa presenza de autores, ilustradores, investigadores e escritores de recoñecido prestixio internacional. O lema sobre o que se centrará esta edición é Formar leitores. Os livros imporescindíveis.

A presenza galega terá o seu protagonismo a través de presentación de libros, como A Guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil europea, publicado pola Universidade de Santiago; Premios Literarios e de ilustración na LIX, publicado por Xerais. A obra do gran Carlos Casares tamén estará presente grazas á visualización da versión teatral de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou Autores galegos imprescindíveis da Editora Kalandraka; amais do encontro Como criar o imaginário dos mais novos. Proposta de uma guia para a formação leitora a partir de obras imprescindíveis da poesia infantil galega (3-8 anos).

Serán, en resumo, dous días para partillar experiencias con outros países e afondar na literatura infantil e xuvenil subliñando esas grandes obras para formar lectores hoxe, e no futuro.


 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]