Quantcast
Channel: Rexistros filtrados por data: Luns, 25 Novembro 2013
Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Demo editorial abrirá na Coruña a súa tenda efémera

$
0
0
Demo editorial abrirá na Coruña a súa tenda efémera

O vindeiro venres 13 de decembro abrirase na Coruña a tenda oficial da editora especializada en banda deseñada Demo Editorial xunto a Planeta Mincha. Pero será unha tenda efémera, xa que a tenda nacerá con data de peche. "Non queremos morrer con isto, temos moitos proxectos máis en marcha. Esta tenda imos matala nós mesmos antes de que a destrúa o sistema", subliña Manel Cráneo, director de Demo, logo de puntualizar "En calquera caso somos quen de matar e resucitalo noso propio proxecto as veces que estimemos oportuno".

Na tenda haberá produtos propios da editorial e do Planeta Mincha, e en moitos casos exclusivos, xa que o público atopará pezas únicas que non están á venta en ningunha outra parte.

Os clientes que se acheguen poderán levarse a casa, ademais de publicacións, pezas de arte ou artesanía do Planeta Mincha, cadros, figuras en volume, peluches, chapas, láminas e en xeral autoprodución da empresa Demo e da marca Planeta Mincha.

A tenda nace coa idea de ser un espazo divertido, diferente e innovador. Un proxecto onde durante o seu tempo de apertura haberá momentos tanto para o goce dos propios clientes como do sector profesional.

En breve publicarán a programación onde haberá lugar para presentacións, charlas, obradoiros, encontros con lectores ou master class con ilustradores profesionais da banda deseñada e a ilustración.

 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]